Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

gadisa corona navidad estrellas 2

Coroa de estrelas de Nadal

Idea de aperitivo para este Nadal, unha coroa de follado con pesto e salsa de tomate.
Autor/a: Lola Crespo
Etiqueta/s:Aperitivo, follado, Nadal, pesto, salsa de tomate
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Tempo total40 minutes
Prato Aperitivo
Cociña Española
Racións 6 persoas

Equipamento

  • 1 Corta pizzas
  • 1 Molde estrela
  • 1 Coitelo
  • 1 Papel de forno
  • 1 Pincel
  • 1 Bandexa de forno

Ingredientes
  

  • 1 Aguacate
  • 2 Láminas de follado
  • 120 g Pesto
  • 120 g Salsa de tomate
  • 1 Ovo batido
  • 100 g Queixo relado
  • 60 g Tomate seco picado

Elaboración paso a paso
 

  • Estender unha lámina de follado, dividir á metade e estender pesto sobre unha metade e salsa de tomate sobre a outra
  • Poñer a outra lámina de follado enriba e cortar pola metade
  • Refrixerar a masa, fría é máis doado de cortar. Con cortador en forma de estrela, facer estrelas
  • Debuxar un círculo cun lapis e un prato sobre papel de forno e formar unha coroa de estrelas alternando pesto e tomate
  • Pincelar con ovo batido, engadir queixo relado e o tomate seco picado
  • Meter no forno a 180 graos 20 minutos ou ata que o follado estea cocido

VOLVER