Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

gadisa cheesecake nutella

Cheesecake de Nutella sen forno

Unha versión distinta do clásico cheesecake, co toque da Nutella para os máis chocolateiros. Atrévete con esta receta e sorprende a todos os teus invitados!
Etiqueta/s:Chocolate, Sen forno, Sobremesa doada
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Refrixeración4 hours
Tempo total4 hours 20 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Española
Racións 6 persoas

Equipamento

  • 1 Molde desmontable de 22 cm
  • Papel vexetal

Ingredientes
  

  • 200 g galletas tipo "Digestive"
  • 100 g manteiga
  • 250 g queixo crema
  • 250 g Nutella
  • 50 g abelás

Elaboración paso a paso
 

  • Triturar as galletas e engadirlles a manteiga derretida. Remexer ben.
  • Forrar un molde desmontable con papel vexetal e engadir as galletas, presionar ben con axuda dun vaso e subilo polos bordos para que teña ese bordo de galleta a torta. Refrixerar.
  • Mesturar o queixo crema, mellor se está a temperatura ambiente, coa Nutella ata que queden integrados ambos os dous.
  • Verter sobre a base de galleta e refrixerar a torta un mínimo de 4 horas.
  • Unha vez lista, desmoldar e decorar con abelás.

Video

VOLVER