Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

barritas de cereales crujientes para la escuela 1 scaled 1

Barriñas de chocolate crocantes

Barriñas de chocolate crocantes, unha receita moi sinxela de facer e ideal para levar como petisco doce ao cole ou á oficina.
Etiqueta/s:Aperitivo, Chocolate
Imprimir receita
Tempo de preparación20 minutes
Tiempo de nevera30 minutes
Tempo total50 minutes
Prato Petisco
Cociña Americana
Racións 4 personas

Equipamento

  • 1 Molde rectangular ou bandexa
  • 1 Bol

Ingredientes
  

  • 300 g chocolate con leite
  • 250 g cereais de millo
  • 50 g albaricoques deshidratados ou outra froita deshidratada
  • 50 g chocolate branco para decorar
  • 30 g manteiga
  • 30 g améndoas
  • 50 g estreliñas de azucre ou boliñas para decorar. Opcional.

Elaboración paso a paso
 

  • Cortamos en onzas o chocolate, botamos a manteiga e levamos todo ao baño maría ata que se derreta.
  • Mentres, cortamos a froita que vaiamos botar en anaquiños.
  • Tamén preparamos o noso molde ou bandexa.
  • Nun bol botamos os  cereais, as améndoas e a froita.
  • Cando o noso chocolate estea derretido, vertémolo sobre o noso bol e remexemos para bañar todo en chocolate.
  • Unha vez lista a mestura, botamos todo no noso molde. Apertamos un pouco para que estea compacto e que quede despois máis bonito.
  • Metemos na neveira para que arrefríe o chocolate. Uns 30 minutos é suficiente.
  • Cun coitelo cortamos en porcións pequenas e volvémolas colocar na mesma bandexa,
  • Derretemos ao baño maría o chocolate branco e metémolo nunha manga pasteleira. Cortamos a punta da manga e decoramos co chocolate branco.
  • Engadimos a nosa decoración, esperamos que o chocolate volva arrefriar e... a desfrutar.

VOLVER