Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

empanadillas de pulpo1

Empanadillas de polbo con pemento doce y queixo de tetilla

O polbo é un dos pratos máis apreciados da gastronomía galega. A maneira máis coñecida de preparalo é á feira. Hoxe imos darlle unha volta a esta famosa preparación do polbo á feira onde se converterá na base dunhas incribles e deliciosas empanadillas que acompañadas dun fantástico queixo fundido de tetilla quedan espectaculares.
Autor/a: Gadis
Imprimir receita
Tempo de preparación40 minutes
Tempo de cocción20 minutes
Tempo total1 hour
Prato Entrante
Cociña Mediterránea
Racións 3 persoas

Equipamento

  • 1 tesoiras (para cortar o polbo)
  • 1 Papel de forno
  • 1 Pincel (para pintar as empanadillas)

Ingredientes
  

  • 250 g polbo (cocido)
  • 1/2 queixo de tetilla
  • 10 obleas de empanadillas
  • 1 ovo
  • 1 cdita pemento doce
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal gordo

Elaboración paso a paso
 

  • Cortamos o polbo en talladas.
  • Sazonamos ao gusto con aceite de oliva virxe, pemento doce e sal gordo.
  • Prequentamos o forno a 180º.
  • Colocamos as obleas sobre a bandexa con papel de forno.
  • Poñemos un bo anaco de queixo de tetilla e mais algunhas talladas de polbo.
  • Pechamos as empanadillas apertando moi ben as beiras.
  • Pintamos con ovo batido.
  • Enfornamos ata que estean ben douradas.

VOLVER